Roteiro das alvarizas de Vilatuxe
O próximo día 9 faremos un roteiro das Alvarizas de Vilatuxe. Non vos perdades esta ocasión de descubrir esta comarca chea de alvarizas de gran tamaño. Anotádevos!
Agradecemos ao concello de Lalín e o grupo de voluntarios de Lalín “Roteiros de Lalín” por facilitarnos as imaxes e material sobre a ruta e a colaboración.
A Serra do Candán sobresae pola presenza de alvarizas de gran tamaño, cunha orixe ligada ó veciño Mosteiro de Acibeiro, impulsor da apicultura na comarca. A aldea de Zobra pódese considerar «unha das aldeas máis meleiras do país», con meles varias veces premiados nas catas organizadas polo Consello Regulador da IXP-Mel de Galicia. Dende alí pódese realizar un roteiro entre antigas alvarizas e visitar varios centros de envasado.
Inscríbete!
Detalles
Roteiro de 12 kms.
Saída 10:00 horas.
Xantar abelleiro ás 14:00 horas ao lado do río.