Abellas

Abellas

A través do apiturismo, as persoas que nos visitan poden achegarse ó apaixonante mundo das abellas e aprender como son estes insectos sociais, indispensables para o mantemento da biodiversidade. As abellas non só pican e producen mel, senón que son as responsables da polinización do 80 % das plantas con flores. Segundo a FAO, o 84 % da alimentación humana depende das abellas. As abellas e as plantas con flores teñen unha experiencia de máis de oitenta millóns de anos de convivencia e evolución conxunta. Non poden vivir unhas sen as outras; as abellas polinizan as flores e estas proporcionan ás abellas o seu sustento.

A sociedade ten coas abellas, así como os abelleiros e as abelleiras, unha débeda histórica e permanente, debido a que durante séculos as nosas abellas polinizaron as flores e conservaron a biodiversidade sen elas percibiren nada a cambio. O valor da polinización é inmenso, é un servizo ecolóxico feito de balde, un agasallo excepcional que nos fan os insectos polinizadores. Por iso é necesario que a sociedade teña unha pequena idea do mundo das abellas, e iso podémolo conseguir a través das rutas de apiturismo por Galicia.

Nas visitas ás alvarizas, podemos observar como traballan estes pequenos pero importantes animais, co son constante do seu ir e vir, e marabillarnos como recollen incansablemente o seu alimento, ó tempo que realizan o importante labor da polinización, mentres nos deleitamos co doce aroma do néctar recentemente recollido. Os apicultores e as apicultoras que abren as portas dos seus apiarios amósannos tamén este antigo oficio de coidar das abellas, que ten como fin a obtención duns produtos naturais e de extraordinarias propiedades alimenticias e terapéuticas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad