Produtos

Máis que Mel!

Das abellas podemos obter: mel, pole, própole, cera e xelea real. Hai tantas variedades de meles como plantas e combinacións entre elas. Temos pois unha gama infinita de cores, aromas e sabores. Os meles de Galicia, procedentes de flores silvestres e envasado artesanal, conservan todas as súas propiedades. Cada comarca ofrece o seu propio mel. Todos eles son meles extraordinarios, dos que podemos escoller o que máis nos guste. E o mesmo podemos dicir a respecto do pole.

A Unión Europea ten incluído no rexistro das denominacións de orixe a Indicación Xeográfica Protexida «Mel de Galicia» desde xullo de 2007. Os meles de Galicia gozan dunha protección a nivel europeo que certifica tanto a súa procedencia coma a súa calidade diferenciada. Cada ano celébranse en Galicia múltiples feiras monográficas cos produtos das abellas, que serven para dar a coñecelos e salientar a importancia do mundo apícola como unha actividade imprescindible para o ambiente e a produción de alimentos.

Meles de Galicia:

  • Mel de flores
  • Mel de castiñeiro
  • Mel de breixo (carrasca-queiroga-uz)
  • Mel de eucalipto
  • Mel de silva
  • Mel de bosque
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad