CASAIO

AS ALVARIZAS DE CASAIO EXISTEN

As alvarizas do leste ourensán son moi abundantes e teñen un grande impacto na paisaxe de montaña, o que valoriza a nosa tradición apícola e nos debe levar a conservar algo delas mentres poidamos. Mais, primeiramente, hai que saber delas.
As alvarizas de Casaio e Lardeira (ambas en Carballeda de Valdeorras) son construcións a maior parte delas circulares feitas con muros de pedra seca de dous a tres metros de altura, con lousas planas na parte superior deles. Estas construcións estaban destinadas, como noutros lugares a protexer os cortizos dos osos. Na zona tamén se atoparon construcións coma estas noutras zonas próximas, coma en Vilamartín.
Os estudos que se teñen realizado apuntan a que levan aí dende os séculos XVII e XVIII, e concéntranse nun contorno moi reducido, aínda que con áreas diferenciadas. Temos constancia escrita da existencia deste elemento patrimonial xa no século XVIII, ao aparecer documentado no Catastro de Ensenadas.

Os últimos estudos sobre estes elementos patrimoniais foron realizados nos últimos anos por Apatrigal e Sputnik Labrego, nos que estudan os usos para o aproveitamento do mel e a cera, e documentando gran cantidade destas estruturas ao longo dos montes de Pena Trevinca e procurando achegar unha datación máis precisa da súa creación e evolución ao longo dos anos ata como as coñecemos hoxe en día.

Os promotores destes estudos denuncian que este conxunto etnográfico se atopa moi próximo a algunhas explotacións mineiras, sen ningunha figura de protección que as coide. Así mesmo, o seu solo está clasificado como solo mineiro pola Xunta de Galicia no seu Plan básico autonómico, o cal fai evidente a necesidade dalgunha figura de protección que garanta a súa conservación.

Se ben as alvarizas son un ben patrimonial e polo tanto están protexidas pola Lei do patrimonio e as construcións de muros secos tamén teñen sido recoñecidos coma patrimonio pola Unesco, vemos como estas construcións están abandonadas á súa sorte, algunhas delas devoradas polas entulleiras de lousa, polo que se fai imperativo inventarialas e protexelas.

As alvarizas de Casaio, das comarcas de Valdeorras e Viana, tamén é patrimonio noso, dun gran valor etnográfico

MULTIMEDIA

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad