A Costa da Morte

Colmeas integradas nos muros ou nichos e mesmo no interior das casas

Apicultura de muros e lacenas

No occidente de Galicia.

No occidente de Galicia, na Costa da Morte, contamos con moitos exemplos de apicultura tradicional, na que as colmeas estaban integradas nos muros ou nichos e mesmo no interior das casas, co obxecto de as abrigar. No concello de Dumbría atópase o Conxunto Etnográfico do Ézaro, que conta cun muíño e unha alvariza anexa, e na Ruta das Alvarizas no Monte Faro (circular 9 km), no concello de Vimianzo, pódense atopar ata unha ducia destes apiarios lineais de lousas de pedra.

A Costa da Morte gozou dunha historia apícola moi importante. Aínda que Benigno Ledo, un dos impulsores da apicultura moderna en Galicia, introduciu as colmeas movilistas a finais do século XIX, na Costa da Morte permaneceron en uso as colmeas tradicionais ata tempos recentes. Contamos con numerosos documentos históricos nos cales se mencionan lugares desta comarca como « elaboradores de mel» e varias citas relativas aos cereros, así como pagos en diezmos ás freguesías. De feito, a Costa da Morte foi unha zona de moitos mosteiros: Nemeño, Cospindo, Seavia, Baíñas, Borneiro, Ozón, Moraime ou Tosto, entre outros. Neste territorio atlántico podemos distinguir varios tipos de apiarios tradicionais: alvarizas, alvarizas ( colmenares) lineais, muros de abellas na pedra e alacenas ou hornilleras de abellas nas casas. A Costa da Morte é un lugar húmido e ventoso, polo cal os antepasados adaptaban estas alvarizas de maneira funcional e en concordancia co medio natural que as rodeaba. Nas alvarizas lineais de laxas graníticas, as colmeas tradicionais, chamadas cortizos ou trobos (colmeas), estaban ao cuberto pola protección da propia laxa. Isto tamén propiciaba o resgardo das colmeas dos animais, salvaxes ou domésticos, sobre todo cando o gando pastaba polo monte. Coa mesma finalidade protectora apareceron as hornillas ( alacenas) das abellas nas paredes das casas, cabaneles (alpendres), celeiros, muíños ou cuadras, que recibían o sol no pousadoiro (pedra de entrada da colmea) e a fachada, e pola parte interior a calor procedente da xente, animais, leña ou palla. Deste xeito, as abellas formaban parte dos habitantes da casa, incluso a castra ou esmelga (cata), así chamada a extracción do mel da colmea, tamén se facía desde o interior a través dunha pequena porta. Grazas á existencia deste patrimonio etnográfico, sabemos que a Costa da Morte foi ao longo da historia unha zona de gran valor na produción apícola de Galicia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad