Alvarizas: Tradición milenaria

Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO

As formas destas verdadeiras «catedrais apícolas» acostuman ter maioritariamente unha planta circular ou ovalada, mais tamén de ferradura, rectangular ou cadrada, ou incluso composicións mixtas. Estes valados de pedra erguíanse do chan de 1,5 metro a 4 metros de altura sen argamasa, cun perímetro variable e unha largura máxima de 90 centímetros. Pola súa banda, as alvarizas defensivas dos osos tiñan ademais un largo beiril no cume, unha porta de pequeno tamaño, ou inexistente (accedíase cunha escada). Todas estas abellarizas están asentadas nas abas das montañas, preto dos cursos de auga, e localizadas en terras non cultivables de monte; de aí o seu difícil acceso.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad